Imaxson é unha empresa pensada para dar servizo integral a todo tipo de eventos. Formada por traballadores con ampla experiencia no sector. Formamos un equipo multidisciplinar cunha longa carreira profesional sempre vinculada ao sector servizos para congresos, feiras, exposicións, concertos ou eventos en xeral. O noso obxectivo é poñer á súa disposición solucións eficaces e competitivas en todos os nosos servizos: casetas modulares, deseño e fabricación de casetas de deseño, deseño e fabricación de escenografías, audiovisual, iluminación, mobiliario, servizos complementarios, estruturas, impresión gran e pequeno formato, etc…; así como o asesoramento necesario para garantir o éxito do seu proxecto. Somos unha empresa atípica xa que cubrimos a maior parte dos servizos necesarios para a correcta celebración dun evento. Xestionar os nosos propios recursos convértenos nunha empresa integral, dando resposta a todos os servizos do evento, evitando así a subcontratación da maior parte dos servizos.

Fai equipo con nos e fagamos un evento ÚNICO.

Empresa: Imaxson
Contacto: Ricardo Sende
Enderezo: Lavacolla, 4 Bajo  15820 Santiago de Compostela

 981897232
 609 33 89 40

  eventos@imaxson.es
www.imaxson.es